viernes, 8 de junio de 2012

10. Blogs


Conceptos básicos sobre os blogs.
Os blogs son actualmente un medio de opinión, utilizado por infinidade de persoas, con distintos objeticos: manifestar a súa opinión acerca de temas políticos, comunicar un sentimento, informar sobre un tema concreto, etc.
Un weblog é un sitio web que permite a unha persoa ou a un grupo, poñer as súas opinións a disposición de todos os usuarios de internet, así como o intercambio de opinións entre auqellos usuarios que o autor de web desexe.
Algunhas características dos blog son:
- Unha entrada é cada un dos artigos que publica o autor ou autores do blog. Os artigos publicados polos convidados ao blog denomínanse comentarios.
-A publicación dos comentarios realízase a través dun formulario, sempre que o autor do blog o permita.
-As entradas e comentarios publicados nun blog están ordenados cronoloxicamente.
-Nun blog adoita haber enlaces aos comentarios ou entradas anteriores. Tamén conteñen unha lista de enlaces a outros blog recomendados, que se adoita denominar blogroll.
-todos os blogs conteñen unha lista de amigos, aos que autor autoriza a publicar comentarios.
-Ademais do texto, é posible incluír imaxes e vídeos.

Ten en conta:
Algúns servidores donde albergar gratuitamente son:
- www.blogger.com
- www. tublog.es
- www.lacotelera.com




Como crear un blog:

Para crear un blog é necesario conectarse á páxina dalgúns servidores que ofrecen esta posibilidade de forma gratuíta. O que imos utilizar para desenvolver a explicación é La Coctelera, cuxa dirección é www.lacoctelera.com.
Unha vez na páxina da cocteleira, débense realizar os seguintes pasos:
1. Facer clic sobre o enlace Crea o teu blog.
2. Completar o formulario cos datos que se indican.
O nome que se escriba no campo nome do usuario, será que posteriormente se utilice para acceder ao blog. Así a dirección web do blog creado, será www.lacoctelera.com/nombre_ de _ usuario.
O contrasinal permitirá publicar as diferentes entradas e xestionar as opcións de configuración do blog.
3. Activar a casa de verificación He leido e acepto as condicións do servizo.
4. Facer clic sobre en enlace continuar.
5. Seleccionar a aparencia que se desexa dar ao blog, activando o botón de opción correspondente a un dos equipos que se ofrecen na páxina.
6. Facer clic sobre o enlace continuar.
7. Facer clic sobre o enlace Publica a túa primeira historia.

O título do blog e o primeiro artigo:

Mentres se crea o blog e facer clic sobre o enlace Publica a túa primeira historia, mostrarase unha páxina nova na que é posible introducir a información básica: o titulo do blog, información sobre o autor, artigos novos, etc. Para iso, teremos que:
1. Facer clic sobre o cadro titulo, para introducir o texto que figurará na cabeceira do blog e unha breve descrición do seu contido.
2. Clicar no enlace gardar.
3. Pulsar sobre o cadro sobre o meu e escribir unhas linea acerca do autor.
4. Facer clic en gardar.
5. Facer clic sobre o cadro novo artigo e escribir o primeiro articulo que se publicará no blog.
6. Facer clic sobre o enlace publicar. Se non rematamos de escribir o articulo e quisieramos continualo máis tarde, faremos clic sobre o botón Guardar borrador.


Para darse a coñecer:

Unha vez creado o blog e antes de crear a primeira entrada, o servidor permite enviar unha mensaxe de correo elctrónico aos amigos, co fin de dar difusión ao novo blog.

Ten en conta:

En calquera momento poderemos visualizar o contido do blog, facendo clic sobre o enlace Ver mi blog.


No hay comentarios:

Publicar un comentario