Alfabetización dixital.
![]() |
A alfabetización dixital consiste na aprendizaxe dos coñecementos necesarios para entender e utilizar axeitadamente as tecnoloxías e as linguaxes imprescindibles para vivir na sociedade da información.Trátase en definitiva de estar capacitado para responder criticamente aos estímulos e esixencias dun ámbito cada vez máis complexo, con gran variedade de fontes, medios de comunicación e servizos. Alfabetismo dixital tamén coñecido como alfabetización dixital e alfabetización multimedia é a habilidade para localizar, organizar, entender, avaliar e analizar información utilizando tecnoloxía dixital. Implica tanto o coñecemento de como traballa a alta tecnoloxía de hoxe en día como a comprensión de como pode ser utilizada. As persoas dixitalmente alfabetizados poden comunicarse e traballar máis eficientemente especialmente con aqueles que posúen os mesmos coñecementos e habilidades.
As investigacións con respecto á alfabetismo dixital localizan se en aspectos máis amplos vinculados coa aprendizaxe de como efectivamente achar, usar, resumir, avaliar, crear e transmitir información utilizando tecnoloxías dixitais e non só coa habilidade para usar unha computadora.
O alfabetismo dixital inclúe o coñecemento do hardware das computadoras, do software (particularmente aqueles que máis frecuentemente se utilizan nos negocios) do Internet, dos teléfonos celulares, dos PDAs e doutros dispositivos dixitais. Unha persoa que utiliza estas habilidades para interactuar coa sociedade pode ser chamado un cidadán dixital.
Aspectos positivos e negativos da sociedade da información.
As tecnoloxías da información e a comunicación están a influír en todos os aspectos da vida e da organización social. O seu dominio esténdese a todos os campos da actividade humana, como a creación e organización de emprego, a relación entre as persoas, a distribución do poder na sociedade, a forma de adquisición do coñecemento e de percepción da realidade, etc.
É evidente que a sociedade da información proporciona múltiples vantaxes facilitando o acceso á información e simplificando un gran número de tarefas que, sen a utilización das novas tecnoloxías, se converterían en tarefas realmente tediosas. Non obstante, é conveniente deterse un momento nos inconvenientes e os prexuízos que o abuso destas tecnoloxías poden levar consigo.Na actualidade, vivimos inmersos no que algúns viñeron a denominar unha revolución tecnolóxica, a cal vén marcada polo progreso das novas tecnoloxías da comunicación e da información. Este avance demanda do ser humano novas habilidades e destrezas que han de ser adquiridas con celeridade se non se pretende quedar á marxe dunha sociedade marcada polos intentos de globalización cultural e económica que se están a producir dende distintos sectores. Ante estas formulacións, o papel que vai xogar Internet será fundamental en todos os ámbitos profesionais e, neste sentido, o sector do ensino pode ser un dos grandes beneficiarios deste "invento".
A importancia da veracidade da información
A posibilidade de conseguir máis información favorece o estudo e a investigación, pero o feito de que haxa máis non asegura o éxito, pois é moi difícil separar o bo do que non serve. Pódese ter a sensación de que se está informado de todo e ao instante, e, non obstante, ter unha visión totalmente deformada da realidade.É unha evidencia, que se vén poñendo de manifesto ano tras ano, que a capacidade de compresión lectora se está debilitando de forma xeral, non só porque os mozos len cada vez menos libros, senón porque aumenta a lectura de mensaxes breves e fraccionadas, como os que producen a navegación por internet, os chat ou o correo electrónico. Así a alfabetización informática podería vir acompañada dun crecente analfabetismo verbal, unha maior dificultade en construír frases completas e, polo tanto, dificultades de expresión, con todas as implicacións que iso pode levar consigo.
Hai séculos, cando os brazos e as mans empezaron a usarse para agarrar, trepar, tirar obxectos como pedras e frechas, se produciron cambios na estrutura do cerebro e do sistema nervioso dos seres humanos, que desenvolveron novos patróns de pensamento. Non obstante, a evidencia dos cambios ou danos ao desenvolvemento cerebral que poden producir as novas tecnoloxías só estanse a facer patentes anos ou décadas despois do seu uso intensivo. No caso dos teléfonos móbiles, cuxos posibles danos están siendo documentados unha década despois de iniciarse o seu uso masivo
Ten en conta
Internet é unha fonte inesgotable de información, pero é necesario ser capaz de discernir entre a información veraz, da que non o é; é conveniente non nos conformar coa información encontrada senón comprobar cal é a fonte e se esta goza da suficiente confianza para que deamos por válida a información proporcionada
Ten en conta
Internet é unha fonte inesgotable de información, pero é necesario ser capaz de discernir entre a información veraz, da que non o é; é conveniente non nos conformar coa información encontrada senón comprobar cal é a fonte e se esta goza da suficiente confianza para que deamos por válida a información proporcionada
Globalización da sociedade da información.
Aínda que as vantaxes que proporciona a comunicación global son innumerables, existen algúns aspectos sobre os que convén reflexionar e que será necesario mellorar se realmente se desexa conseguir unha sociedade global
Aspectos positivos:
Aspectos negativos.
Aspectos positivos:
- Non monopolización da informacion polos medios de comunicación e maior liberdade de expresión dos cuidadanos.
- Gran mobilidade da información.
- Gran cantidade de información que se pode transmitir, adquirir e procesar moi rápido.
- Permite estar máis informado do que sucede en calquera parte do mundo.
- Interacción que se pode establecer con outras persoas a través da rede.
Aspectos negativos.
- Falta de control para seleccionar a información, debido ao exceso que existe. Máis información non implica mellor información, nin un uso eficaz desta.
- Se todo é de todos, os autores non sacan ningún beneficio.
- Os países desenvolvidos son os que teñen o poder sobre os outros. A tecnoloxía non é un medio ao alcance de todo o mundo, non existe igualdade de oportunidades, polo tanto, non elimina barreiras.
- O ámbito sociocultural determina o acceso ás novas tecnoloxías máis que o nivel económico.
No hay comentarios:
Publicar un comentario