jueves, 14 de junio de 2012

12:Traballo colaborativo. BSCW y RSS

BSCW.



BSCW
, é unha ferramenta que permite crear na web un espazo de traballo compartido, onde poder desenvolver e manter almacenados proxectos de forma totalmente fiable e segura, dende distintas plataforma (Windows, Linux, Unix... ).


Algunhas das vantaxes que ofrecen os BSCW son:



  • Permiten crear zonas de traballo entre persoas situadas en distintas partes do mundo.
  • As áreas de traballo teñen restrinxido o acceso unicamente os membros rexistrados.
  • Os documentos publicados nas áreas de traballo encóntranse dispoñibles en calquera momento e para calquera usuario, posto que se encontran almacenados no servidor e non nos ordenadores locais.
  • A información contida no BSCW pódese ler e modificar.
Para poder utilizar BSCW requírese unicamente dispoñer dunha dirección de correo electrónico POP3 para rexistrarse como usuario, un navegador de internet e ser invitado por un grupo de traballo para participar nel . Xeralmente, os espazos BSCW utilízanse en foros universitarios ou de investigación.

Para inicarse no manexo dos BSCW, Rede Iris ofrece un acceso público a un deles . Para acceder a el, teremos que:


1. Abrir o navegador e conectar coa dirección.
http://cvu.rediris.es/pub/bscw.cgi/0/21

2. Facer clic sobre unha das carpetas, por exemplo, Aprendizaxe, e sobre o nome dun dos documentos que se mostrarán dentro, para visualizalo.
En cada unha das áreas de traballo e, dependendo do software utilizado para a súa creación, dispoñeremos de botóns para realizar as operacións básicas, como editar un documento, modificalo, volver publicalo, crear unha carpeta, etc.


RSS.

RSS son siglas de Really Simple Syndication, o que poderiamos traducir ao castelán como redifusión web, e consiste en publicar artigos simultáneamente en diferentes medios a través dunha fonte común; é dicir, é unha forma de ofrecer os contidos para que calquera que desexe incluílos nas súas páxinas web lle resulte doado facelo. Un exemplo diso son os titulares de noticias que moitos medios de comunicación ofrecen gratuitamente e que se actualizan de forma automática, facendo posible que se mostre na páxina web ou no escritorio a información actualizada en tempo real.


Polo tanto, RSS é un formato de documento que permite actualizar as novidades e noticias dun sitio web, de forma totalmente transparente para o usuario. Para ler este tipo de documento requírense programas especiais denominados RSS readers, pero que actualmente se encontran incluídos en todos os navegadores web.


Existen moitas empresas que ofrecen a posibilidade de incluír nas páxinas web, e de forma gratuíta, os seus propios titulares de noticias. Por exemplo, para incluír os titulares do diario El País, débense realizar os seguintes pasos:


1. Abrir o navegador e conectar coa dirección:
http://www.elpais.com/rss/index.html


2. Facer clic sobre unha das categorías de notcias que se mostra na parte central. Por exemplo, España.


3. Seleccionar a opción Na súa propia páxina, do menú que aparece.


4. Completar o formulario para darse de alta como usuario dos titulares.


5. Facer clic sobre o enlace continuar.


6. Seleccionar o formato co que se incluirán. o tamaño da ventá e o número de titulares.


7. Cando seleccionemos o formato máis apropiado para a páxina web na que se incluirán os titulares, teremos que facer clic sobre o botón Enviar código.


A forma de incluír o código necesario para que se mostren os titulares na páxina web é a seguinte:


8. Abrir a conta de correo que se utilizou para rexistrarse.


9. Abrir a mensaxe recibida, cuxo asunto será Titulares na súa web de ELPAIS.com.


10. Abrir o ficheiro código titulares.txt.


11. Visualizar o código fonte se non se tivese aberto cun editor de texto.
12. Copiar o devandito código e pegalo na páxina web na que se desexa incluír.


13. Gardar e publicar a páxina, para comprobar que funciona correctamente e que os titulares se actualizan no tempo real.








viernes, 8 de junio de 2012

10. Blogs


Conceptos básicos sobre os blogs.
Os blogs son actualmente un medio de opinión, utilizado por infinidade de persoas, con distintos objeticos: manifestar a súa opinión acerca de temas políticos, comunicar un sentimento, informar sobre un tema concreto, etc.
Un weblog é un sitio web que permite a unha persoa ou a un grupo, poñer as súas opinións a disposición de todos os usuarios de internet, así como o intercambio de opinións entre auqellos usuarios que o autor de web desexe.
Algunhas características dos blog son:
- Unha entrada é cada un dos artigos que publica o autor ou autores do blog. Os artigos publicados polos convidados ao blog denomínanse comentarios.
-A publicación dos comentarios realízase a través dun formulario, sempre que o autor do blog o permita.
-As entradas e comentarios publicados nun blog están ordenados cronoloxicamente.
-Nun blog adoita haber enlaces aos comentarios ou entradas anteriores. Tamén conteñen unha lista de enlaces a outros blog recomendados, que se adoita denominar blogroll.
-todos os blogs conteñen unha lista de amigos, aos que autor autoriza a publicar comentarios.
-Ademais do texto, é posible incluír imaxes e vídeos.

Ten en conta:
Algúns servidores donde albergar gratuitamente son:
- www.blogger.com
- www. tublog.es
- www.lacotelera.com




Como crear un blog:

Para crear un blog é necesario conectarse á páxina dalgúns servidores que ofrecen esta posibilidade de forma gratuíta. O que imos utilizar para desenvolver a explicación é La Coctelera, cuxa dirección é www.lacoctelera.com.
Unha vez na páxina da cocteleira, débense realizar os seguintes pasos:
1. Facer clic sobre o enlace Crea o teu blog.
2. Completar o formulario cos datos que se indican.
O nome que se escriba no campo nome do usuario, será que posteriormente se utilice para acceder ao blog. Así a dirección web do blog creado, será www.lacoctelera.com/nombre_ de _ usuario.
O contrasinal permitirá publicar as diferentes entradas e xestionar as opcións de configuración do blog.
3. Activar a casa de verificación He leido e acepto as condicións do servizo.
4. Facer clic sobre en enlace continuar.
5. Seleccionar a aparencia que se desexa dar ao blog, activando o botón de opción correspondente a un dos equipos que se ofrecen na páxina.
6. Facer clic sobre o enlace continuar.
7. Facer clic sobre o enlace Publica a túa primeira historia.

O título do blog e o primeiro artigo:

Mentres se crea o blog e facer clic sobre o enlace Publica a túa primeira historia, mostrarase unha páxina nova na que é posible introducir a información básica: o titulo do blog, información sobre o autor, artigos novos, etc. Para iso, teremos que:
1. Facer clic sobre o cadro titulo, para introducir o texto que figurará na cabeceira do blog e unha breve descrición do seu contido.
2. Clicar no enlace gardar.
3. Pulsar sobre o cadro sobre o meu e escribir unhas linea acerca do autor.
4. Facer clic en gardar.
5. Facer clic sobre o cadro novo artigo e escribir o primeiro articulo que se publicará no blog.
6. Facer clic sobre o enlace publicar. Se non rematamos de escribir o articulo e quisieramos continualo máis tarde, faremos clic sobre o botón Guardar borrador.


Para darse a coñecer:

Unha vez creado o blog e antes de crear a primeira entrada, o servidor permite enviar unha mensaxe de correo elctrónico aos amigos, co fin de dar difusión ao novo blog.

Ten en conta:

En calquera momento poderemos visualizar o contido do blog, facendo clic sobre o enlace Ver mi blog.


9. Traballo colaborador. Wikis

Ferramentas colaborativas 
Normalmente, a idea que se ten de internet é a de ser unha gran fonte deinformacion na que se pode encontrar todo tipo de documentos. As xa coñecidas ferramentas, como o correo electronico, os chats t os grupos denotocoas permiten intercambiar arquivos e opinións, aínda que o uso que se veu facendo de elllas dende a popularizacion de internet estivo anfocadomais cara ao ámbito lúdico que cara a ao laboral.

Sim enbargo, as novas ferramentas que xurdiron na rede estan enfocadas árealizacion dun traballo concreto e, especialmente, un traballo quer implica a participacion e colaboracion de multiples persoas.

Entre as novas ferramentas, que permiten o traballo colaborador encóntranse os wikis, os blogs, os BSCW e os RSS.


Wikis 
Os wikis costituyen unha das formas de colaboracion mais novidosas que ofrece internet. Un wiki é un sitio web que se constitúe a partir do traballo de moitos autores. Basicamente consiste nunha coleccion de paxinas web, que poden ser visitadas ou editar calquera persoa, sen pasar por ninguntipo de revision ou censura previa.
O primeiro WikiWeb foi creado por Ward Cunningham en 1995, quen deu nome ao concepto wiki e creo o primeiro servidor wiki. Máis tarde, en 2001, se inicio o proxecto Wikipedia, consistente na creación dunha enciclopedia virtual, que, hoxe en dia, é o wiki mais grande que existe en version inglesa e que se encontra en mais de 90 idiomas.
Un dos principais problemas dos wikis é o vandalismo, que consiste en introducir erros, incluír contidos inapropiados ou ofensivos, agregar publicidade, facer proselitismo, incluír material que viola os dereitos do autor, ou incumprir as normas de wiki.
Para soilucionar os problemas de vandalismo, pódense tomar algunhas medidas como son:bloquear temporalmente o vándalo a traves do seu nome de usuario ou o seu direccion IP, bloquear paxínaa na que se estanproducindo os feitos e en caso de extrema gravidade, bloquear toda a base de datos.
        

Como crear un wiki
Existen varios servidores que ofrecen a posibilidade de crear un wiki de forma gratuíta, auque moitos  estan en ingua inglesa.
En todos eles, a forma de proceder é similar e en todo caso está perfectamente indicada. Aquí, crearemos un wiki a traves de wikispace.com, para iso teremos que:




1. Abrir o navegador e conectar coa dirección web www.wikispaces,com.
2. Completar o cadro Join now, cun nome de usuario, un contrasinal, unha dirección de correo e nome para o wiki.
3. Facer clic sobre o botón Join.
4. Completar de novo o contrasinal.
5. Activar o botón de opción Public, para que calquera usuario que o desexe poida completar a información do wiki.
6. Facer clic sobre o botón Join.
wiki creouse. Para acceder a el e completar a páxina inicial e o resto que información que se desexe incluír, se debe:
7. Escribir a dirección na barra de direccións do navegador (nombre.wikispaces.com).
8. Facer clic sobre o botón Edit this page.
9. Completar o contido da páxina utilizando os botóns que se mostran na parte superior da ventá do editor.
10. Cando se finalice débese facer clic sobre o botón Save.


Wikis e blogs.
A diferenza entre os wikis e os blog é que, no primeiro caso, se trata dun sitio web construído en colaboración por todas aquelas persoas que desexen participar, co obxectivo de crear un lugar de coñecemento, mentres que os blog son creados por unha persoa, neles publícanse artigos e opinións, censurador polo autor, sen un obxectivo final.

O teu wiki
A continuación enuméranse algúns servidores que permiten crearwikis:
Pbwiki.com (www.pbwiki.com).
Xwiki.com (www.xwiki.com)
Wetpain (www.wetpain.com)
Wikispaces (www.wikispaces.com)
SeedWiki (sedwiki.com)
JotSpot (www.jot.com)
EcoWiki (www.ecowiki.org)


viernes, 4 de mayo de 2012

8.A sociedade da información.



Alfabetización dixital.

A aparición das novas tecnoloxías da información e a comunicación supuxo a creación, en breve espazo de tempo, de novos medios de acceso á información, como internet ou a telefonía móbil. Con eles apareceron novas linguaxes e novas formas de comunicar.
A alfabetización dixital consiste na aprendizaxe dos coñecementos necesarios para entender e utilizar axeitadamente as tecnoloxías e as linguaxes imprescindibles para vivir na sociedade da información.
Trátase en definitiva de estar capacitado para responder criticamente aos estímulos e esixencias dun ámbito cada vez máis complexo, con gran variedade de fontes, medios de comunicación e servizos. Alfabetismo dixital tamén coñecido como alfabetización dixital e alfabetización multimedia é a habilidade para localizar, organizar, entender, avaliar e analizar información utilizando tecnoloxía dixital. Implica tanto o coñecemento de como traballa a alta tecnoloxía de hoxe en día como a comprensión de como pode ser utilizada. As persoas dixitalmente alfabetizados poden comunicarse e traballar máis eficientemente especialmente con aqueles que posúen os mesmos coñecementos e habilidades.
As investigacións con respecto á alfabetismo dixital localizan se en aspectos máis amplos vinculados coa aprendizaxe de como efectivamente achar, usar, resumir, avaliar, crear e transmitir información utilizando tecnoloxías dixitais e non só coa habilidade para usar unha computadora.
O alfabetismo dixital inclúe o coñecemento do hardware das computadoras, do software (particularmente aqueles que máis frecuentemente se utilizan nos negocios) do Internet, dos teléfonos celulares, dos PDAs e doutros dispositivos dixitais. Unha persoa que utiliza estas habilidades para interactuar coa sociedade pode ser chamado un cidadán dixital.

Aspectos positivos e negativos da sociedade da información.
As tecnoloxías da información e a comunicación están a influír en todos os aspectos da vida e da organización social. O seu dominio esténdese a todos os campos da actividade humana, como a creación e organización de emprego, a relación entre as persoas, a distribución do poder na sociedade, a forma de adquisición do coñecemento e de percepción da realidade, etc.
É evidente que a sociedade da información proporciona múltiples vantaxes facilitando o acceso á información e simplificando un gran número de tarefas que, sen a utilización das novas tecnoloxías, se converterían en tarefas realmente tediosas. Non obstante, é conveniente deterse un momento nos inconvenientes e os prexuízos que o abuso destas tecnoloxías poden levar consigo.
Na actualidade, vivimos inmersos no que algúns viñeron a denominar unha revolución tecnolóxica, a cal vén marcada polo progreso das novas tecnoloxías da comunicación e da información. Este avance demanda do ser humano novas habilidades e destrezas que han de ser adquiridas con celeridade se non se pretende quedar á marxe dunha sociedade marcada polos intentos de globalización cultural e económica que se están a producir dende distintos sectores. Ante estas formulacións, o papel que vai xogar Internet será fundamental en todos os ámbitos profesionais e, neste sentido, o sector do ensino pode ser un dos grandes beneficiarios deste "invento".


A importancia da veracidade da información
A posibilidade de conseguir máis información favorece o estudo e a investigación, pero o feito de que haxa máis non asegura o éxito, pois é moi difícil separar o bo do que non serve. Pódese ter a sensación de que se está informado de todo e ao instante, e, non obstante, ter unha visión totalmente deformada da realidade.

Do alfabetismo informático ao analfabetismo verbal.
É unha evidencia, que se vén poñendo de manifesto ano tras ano, que a capacidade de compresión lectora se está debilitando de forma xeral, non só porque os mozos len cada vez menos libros, senón porque aumenta a lectura de mensaxes breves e fraccionadas, como os que producen a navegación por internet, os chat ou o correo electrónico. Así a alfabetización informática podería vir acompañada dun crecente analfabetismo verbal, unha maior dificultade en construír frases completas e, polo tanto, dificultades de expresión, con todas as implicacións que iso pode levar consigo.


Deterioración dalgunhas habilidades.

Hai séculos, cando os brazos e as mans empezaron a usarse para agarrar, trepar, tirar obxectos como pedras e frechas, se produciron cambios na estrutura do cerebro e do sistema nervioso dos seres humanos, que desenvolveron novos patróns de pensamento. Non obstante, a evidencia dos cambios ou danos ao desenvolvemento cerebral que poden producir as novas tecnoloxías só estanse a facer patentes anos ou décadas despois do seu uso intensivo. No caso dos teléfonos móbiles, cuxos posibles danos están siendo documentados unha década despois de iniciarse o seu uso masivo


Ten en conta


Internet é unha fonte inesgotable de información, pero é necesario ser capaz de discernir entre a información veraz, da que non o é; é conveniente non nos conformar coa información encontrada senón comprobar cal é a fonte e se esta goza da suficiente confianza para que deamos por válida a información proporcionada


Globalización da sociedade da información.
Aínda que as vantaxes que proporciona a comunicación global son innumerables, existen algúns aspectos sobre os que convén reflexionar e que será necesario mellorar se realmente se desexa conseguir unha sociedade global

Aspectos positivos:

  • Non monopolización da informacion polos medios de comunicación e maior liberdade de expresión dos cuidadanos.
  • Gran mobilidade da información.
  • Gran cantidade de información que se pode transmitir, adquirir e procesar moi rápido.
  • Permite estar máis informado do que sucede en calquera parte do mundo.
  • Interacción que se pode establecer con outras persoas a través da rede.

Aspectos negativos.

  • Falta de control para seleccionar a información, debido ao exceso que existe. Máis información non implica mellor información, nin un uso eficaz desta.
  • Se todo é de todos, os autores non sacan ningún beneficio.
  • Os países desenvolvidos son os que teñen o poder sobre os outros. A tecnoloxía non é un medio ao alcance de todo o mundo, non existe igualdade de oportunidades, polo tanto, non elimina barreiras. 
  • O ámbito sociocultural determina o acceso ás novas tecnoloxías máis que o nivel económico.








martes, 24 de abril de 2012

7. Fundamento teórico de internet.


Protocolo de comnutación paquetes, TCP/IP.
Internet permite conectar ordenadores de todo do mundo independentemente do sistema operativo que utilicen e a subrede á que pertenzan. Para que isto se posible, é necesario dispoñer dun protocolo común e único, de forma todos os ordenadores poidan interpretar e entender correctamente a información que circula entre eles. O protocolo que utilizan os equipos conectados a internet é o protocolo TCP/IP.
O protocolo TCP/IP (Transmision Control Protocol/ Internet Protocolen realidade é un sistema de protocolos. En primeiro, TCP, baséase en dividir en paquetes, na orixe, a información que se envía a través de internet e a través da rede; estes paquetes viaxasen por diferentes camiños ata chegar ao seu destino e recompoñerse de novo. O segundo, IP
, dirixe a información axeitadamente a través de internet.                                                     Que é un host.
O termo host utilízase para referirse a un ordenador cuxa función é servir de punto de inicio e final das transferencias de datos a través de internet, é dicir, un ordenador que se encontra permanentemente conectado a internet e a través do que acceden todos os que se encontran conectados a el.
Tamén, utilízase o termo host para referirse ao ordenador no que reside un sitio web.
O termo host é usado en informática para referirse ás computadoras conectadas a unha rede, que provén e utilizan servizos ou dela. Os usuarios deben utilizar anfitrions para ter acceso á rede. En xeral, os anfitrions son computadores monousuario ou multiusuario que ofrecen servizos de transferencia de arquivos, conexión remota, servidores de base de datos, servidores web, etc. Os usuarios que fan uso dos anfitrions poden á súa vez pedir os mesmos servizos a outras máquinas conectadas á rede.

Dirección IP
Cada ordenador conectado a internet ten unha dirección exclusiva que está formada por catro números separados por puntos, cada uns dos cales poden tomar valores de 0 a 255. Por exemplo, os seguintes números poderían se direccións IP válidas: 130.238.44.5, 199.22.124.12 y 148.76.43.23.
En ocasións faise unha distinción entre a dirección IP pública e privada. A dirección IP pública é a que utiliza para identificar o equipo en internet cando se navega, descárgase o correo ou faise uso de calquera dos servizos que proporciona a rede. A dirección IP privada é a que ten asinado o noso ordenador. Habitualmente estas direccións coinciden, non obstante nos casos nos que a conexión a internet se produce a través dunha rede privada, usando un router, a dirección IP pública poderá ser a do router e a privada será a que identifica o ordenador na rede.

Os datos nunha rede IP envíanse en bloques referidos como paquetes ou datagramas (os termos son basicamente sinónimos no IP, sendo usados para os datos en diferentes lugares nas capas IP). En particular, no IP ningunha definición é necesaria antes de que o host tente enviar paquetes para un host co cal non se comunicou previamente.

O IP ofrece un servizo de datagramas non confiábel (tamén chamado de mellor esforzo); ou sexa, o paquete ven case sen garantías. O paquete pode chegar desordenado (comparado con outros paquetes enviados entre os mesmos hosts), tamén poden chegar duplicados, ou poden ser perdidos por enteiro. Se a aplicación precisa de confiabilidade, esta engádense na capa de transporte.

O sistema de nomes de dominio, DNS
Inicialmente o número de ordenadores conectados a internet era limitado, polo que abondaba unha simple táboas para asociar cada equipo coa súa dirección IP. O número de usuarios foi crecendo exponencialmente, de modo que recordar as direccións IP de cada un deles volveuse imposible.
Para solucionar este problema e facilitar o uso de internet aos usuarios asignáronse nomes aos ordenadores conectados á rede, de forma que resultase innecesario recordar as súas direccións IP. Así, creouse o Sistema de Nomes de Dominio (DNS) que permitía identificar os ordenadores mediante un sistema xerárquico de nomes sinxelos de recordar, e que indican a súa situación xeográfica ou o propósito ao que están destinados.
Por exemplo, o nome ficticio pitagoras.mat.iesmm.es, podería corresponder ao ordenador Pitágoras, do departamento de matamáticas (subdominio mat) do IESMaría Moliner (subdominio iesmm), pertencente ao dominio principal é, que significa España.
Os servidores de nomes de dominio son ordenadores que teñen a función de relacionar o nome de dominio do ordenador do que se solicita información coa súa dirección IP e viceversa, a dirección IP co nome de dominio. Para iso, os servidores de nomes de dominio dispoñen de bases de datos ligadas entre si, coma se se tratase dunha base de datos única.  



Localizador Uniforme de Recursos (URL)

URL (Uniform Resource Locator) é unha secuencia de carácteres que, seguindo un formato estándar, identifica a cada un dos recursos (imaxes, documentos, vídeos, etc.) de internet, pola súa localización. En consecuenia, a dirección URL debe conter o nome de dominio do servidor no que se encontra albergado o recurso que identifica.

O formato estándar que igue un URL é:
protocolo://nombre de dominio do servidor/ directorio/ficheiro
Pro exemplo, http://www.iesmariamolienr.es/certamenliterario/elolivar.htm fai referencia a un ficheiro, que se denomina elolivar.htm, que se encontra no servidor www.iesmariamoliner dentro da carpeta certamenliterario.


Como descubrir a dirección IP
Para coñecer a dirección IP dun equipo conectado a internet que utiliza o sitemaoperativo Windows débense realizar os seguintes pasos:
  1. Facer clic sobre o botón Inicio.
  2. Seleccionar a opcións Todos os programas, Accesorios e Símbolo do sistema.
  3. Escribir o comando ipconfig e pulsar Intro.


















martes, 10 de abril de 2012

Historia de internet.

Internet: unha red de redes.

Nunha primeira aproximación poderiamos dicir que internet é unha rede mundial de redes de ordenadores, que permite a estes comunicarse en forma directa compartindo información e servizos ao longo da maior parte do mundo.

Cada ordenador que forma parte dunha rede conectada a internet pode comunicarse con calquera outro, con tal de que este último tamén pertenza a internet. Para que esta comunicación se posible, é necesaria a existencia de protocolo, que non é outra cousa que un conxunto de convencións que determinan como se realizará o intercambio de datos entre dous ordenadores ou programas.
Os protocolos usados por todas as redes que forman parte de internet chámanse abreviadamente TCP/IP, siglas, que corresponden ao protocolo de transmisión (Transmision Control Protocol) e ao protocolo de internet (Internet Protocol).
internet é unha rede informática de ámbito planetario, formada con 
ordenadores dispostos en subredes e que posibilita o intercambio de información. É a evolución da ARPANET, que pretendía poñer en comunicación ordenadores do exército norteamericano implementado dende xaneiro de 1983 sobre o protocolo TCP/IP, e en 1984 as redes militares separáronse para formar o MILNET, o que posibilitou que aumentase o número de redes locais de axencias gobernamentais e de universidades conectadas a Internet e que se permitira o acceso á rede aos particulares, aínda que o primeiro só con fins académicos ou de investigación.

Novas posibilidades que ofrece internet.

As posibilidades que ofrece a rede de redes en relación coa comunicación e o intercambio de información son innumerables; cada día establécense novos sistemas e créanse novas ferramentas que facilitan a comunicación entre os usuarios de internet. Entre todas estas posibilidades, ademais das directamente relacionadas coa comunicación, cabe destacar algunhas outras de grande interese en diversos campos, como poden ser a medicina, a economía ou a investigación:
  • Internet é un enorme almacén de información, que se pode conseguir de xeito case instantáneo. Aínda que se fai necesario distinguir entre a información válida e veraz da que non o é.
  • A rede hoxe en día é un gran mercado. Un espazo inmellorable para a actividade económica. A través de internet, podemos comprar e vender todo tipo de produtos (un billete de avión, accións dunha grande empresa, obxectos de segunda man, etc.).
  • As esculturas e sectores minoritarios teñen a oportunidade de utilizar a rede para a súa difusión. Unha das maiores vantaxes de como está construído internet é a oportunidade que ofrece á diversidade para crear o seu propio espazo, as súas canles de comunicación, os seus mecanismos de difusión e distribución da información.
  • A posibilidade de que un equipo de médicos poida discutir en tempo real, a través de internet, o diagnóstico dun paciente en situación de risco e mesmo analizar os seus radiografa e dirixir unha operación a miles de quilómetros de distancia.
  • Os investigadores e entidades participantes no Proxecto Xenoma Humano poden transferir as súas enormes bases de datos máis rapidamente sobre internet.
  • Os astrónomos tamén poden compartir datos de telescopio localizados en diferentes parte do mundo.

Nacemento e evolución de internet.

1966



Durante a Guerra Fría, e baixo o control do Departamento de Defensa do EE.UU, comeza a desenvolverse o proxecto ARPANET. O seu obxectivo era idear un sistema mediante o que, no hipotético caso dun ataque da URSS, se puidese ter acceso á información militar dende calquera punto do país. A solución era unha rede composta de ordenadores na que todos os nodos tivesen a mesma importancia, de forma que a desaparición dun ou varios deles non afectase ao tráfico entre os outros.

1969

Semanas antes de que o ser humano chegase á Lúa, conectáronse catro ordenadores, creando a primeira rede ARPANET.

1972
Presentáronse publicamente os resultados obtidos. Incorpóranse máis ordenadores á der ARPANET, chegado a ser máis de 200 en 1981.
As conexións ARPANET eran pagadas polo goberno de EUA e restrinxíronse a sitios militares, universidades e algunhas grandes compañías que financiaban proxectos de investigación ou proporcionaban servizos.
Os primeiros servizos que brindou a rede ARPANET foron o acceso a ordenadores remotos (Telnet), a transferencia de arquivos e a impresión remota. Tamén apareceu o primeiro programa de correo electrónico, que pronto se converteu nunha das aplicacións máis utilizadas.
1983 Establécese o protocolo TCP/IP como protocolo estándar que utilizarían todas as redes conectadas a ARPANET. Paralelamente, a parte militar de ARPANET forma unha rede independente MILNET, reservando a primeira para fins de investigación. Poderíase considerar este momento como o nacemento de internet. O número de ordenadores interconectados era 500.1989

Desaparece ARPANET, pero xa se establecera unha malla mundial entre moitas institucións que crearan as súas propias redes que podían comunicarse entre si. O número de ordenadores conectados superaba os 100 000.

Tim Berners-Lee, investigador do CERN desenvolve un sistema de comunicación baseado no hipertexto, coa intención de facilitar o fluxo de información entre os científicos. Créanse o protocolo http e a linguaxe html. Este sistema sería a orixe da World Wide Web.





1992 
O crecemento do número de usuarios e o volume de información dispoñible facía difícil encontrar unha información concreta, sen dispoñer dun mapa ou sistema de organización desta. Así, apareceron os primeiros sistemas que permitían obter unha lista de direccións, como son Archie ou Gophers.


1993

Aparecen os primeiros navegadores web.
Dende este momento e ata a data creáronse infinidade de aplicacións que permiten enviar, recibir, clasificar e xestionar o correo electrónico, así como outras formas de intercambio de información sobradamente coñecidas, que fan da sociedade actual a sociedade da información e a comunicación.