jueves, 26 de enero de 2012

Compartir recursos.

Compartir recursos en Windows.
Para poder compartir os recursos en rede é necesario que na configuración da rede de área local estea activada a casa Compartir impresoras e arquivos. Para iso, dentro de Conexións de rede, facer clic co botón dereito do rato sobre Conexión de área local para ver as súas propiedades.


Compartir carpetas e discos.
Para compartir carpetas ou discos os pasos son similares:
1. Pulsar o Botón dereito do rato sobre o que se vai compartir.
2. Seleccionar a opción Compartir e Seguridade.
3. O cadro de diálogo que aparece é diferente en función de que estea activado o Uso compartido simple de arquivos ou non. En calquera caso seleccionamos a opción Compartir esta carpeta.
4. Facer clic en Aplicar e Aceptar para que os cambios fagan efecto.

Compartir impresoras.
No equipo con impresora.
1. Facer clic en Inicio e seleccionar a opción Impresoras e fax.
2. Puslar o botón dereito do rato sobre a icona da impresora e seleccionar a opción Compartir.
3. Activar a casa Compartir impresora.
4. Premer en Aplica e Aceptar
No resto de equipos
1. Facer clic no Inicio e seleccionar a opción Impresoras e fax.
2. Facer clic sobre o enlace Agregar un impresora e iniciarase un Asistente moi sinxelo no que soamente hai que indicar o equipo da rede onde se encontra conectada a impresora a agregar.

Compartir recursos baixo diferente sistemas operativos.
É posible traballar, nunha mesma rede, con equipos, que teñen diferente sistemas operativos instalados. Isto conséguese grazas á aplicación SAMBA de Linux.
  • Dende Windows, accédese aos recursos compartidos noutros equipos, con Windows ou Linux, utilizando o Ámbito de rede e navegando polos diferentes recursos.

Nesta páxina podes encontrar máis información: Compartir recursos.




No hay comentarios:

Publicar un comentario