![]() |
Tarxeta de rede ethernet |
Tarxetas de rede. Cada un dos equipos debe ter instalada unha tarxeta de rede. As tarxetas poden ser:
- Ethernet. Utilizan un conector RJ-45, parecido ao do teléfono, que é onde irá conectado o cable.
- WiFi. Son tarxetas inarámicas que permiten conectar o ordenador á rede a través de ondas. Os portátiles, normalmente, veñen equipados con ambas as dúas.
![]() |
Concentrador Hub |
Concentradores. Os concentradores son os dispositivos que conectan os cables que proceden de cada equipo. Os concentradores poden ser:
- Hub. É o máis básico e úsase en redes pequenas. Os datos que lle chegan son enviados a todos os equipos da rede.
- Switch. Realiza a mesma función que un hub pero de forma "intelixente" xa que soamente envía os datos ao equipo destinatario.
![]() |
Router |
Router. É máis avanzado que un concentrador e permite xestionar direccións IP, conectar distintas redes entre si, establecer a conexión a internet.
Cables de rede. Aínda que existen varios tipos, o máis utilizado en redes locais é o par trenzado. Trátase dun cable formado internamente por oito fíos condutores. Cando se trata de redes con requirimentos de altas velocidades recórrese a cable e dispositivos de fibra óptica.
Instalación e configuración de dispositivos.
A instalación e configuración dos dispositivos de interconexión é moi sinxela. Algunhas nocións básicas son:
Tarxetas de rede. Retirar a carcasa do equipo e conectar a tarxeta nunha das rañuras de expansión dispoñibles.
Concentradores. Non requiren configuración e abonda con conectalos á corrente eléctrica para que realicen a súa función.
Puntos de acceso. Simplemente deben estar conectados, cun cable, ao router ou a outro concentrador.
Router. Ha de ser configurado cos parámetro do provedor de internet. Normalmente vén configurado para comezar a funcionar.
Cableado. Un extremo conéctase á tarxeta de rede do equipo e o outro ao concentrador ou router.

Conexión dos compoñentes.
Actualmente a maioría das redes están organizadas en torno a un punto central que interconecta os dispositivos que a compoñen. Esta estrutura coñécese como topoloxía en estrela.Un dos equipos desta rede pode actuar como servidor de impresión, servidores de correo.
Para que a rede teña conexión a internet soamente hai que conectar o concentrado a un router conectado a internet.
Para crear subredes ou ampliar a rede é posible conectar concentradores entre si utilizando un porto especial que dispón para iso.

Redes mixtas.
![]() |
Rede mixta |
Nesta páxina tamén podes encontrar información: Creación de redes locais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario